Castro FSF, último test del Burela Pescados Rubén antes del estreno en Liga

Castro FSF, último test del Burela Pescados Rubén antes del estreno en Liga

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Nacional

Cada vez máis preto. Esta semana as Guerreiras Laranxas estrearán a liga 2021-22; será en Vista Alegre con Torreblanca Melilla (18.30 horas), pero como antesala mañá o Pescados Rubén Burela FS disputará a segunda e última cita de pretempada, coa visita ao Castro FSF (20.30 horas), de Segunda.

As pupilas de Lucas chegan á cita despois de clasificarse para semifinais de XV Copa Galicia, con 0-6 ante Viaxes Amarelle FSF: “Despois de levar tan só cinco días con todas as xogadoras adestrando, viuse un equipo que reflectiu o traballado durante a semana. Para ser o primeiro partido, na recta final dunha pretempada atípica, estou moi contento co resultado e co ofrecido. O equipo funcionou e víronse moitas cousas positivas, a idea vai tomando forma, pero temos que seguir traballando”, explicaba o técnico laranxa destacando a loita do rival: “O Amarelle está moi ben traballado, é un equipo moi atrevido e en ningún momento deu o partido por perdido. Foi un encontro que dominamos pero o rival tamén imprimiu oposición”.

Para o Castro FSF este tamén será o seu segundo compromiso, despois de medirse o xoves pasado a Ribeira Lieders FSF: “É un test máis de traballo, no que buscaremos seguir gañando en ritmo de partido, tan necesario para o comezo da competición” advertía Lucas, mirando xa tamén para o debut do sábado na Bomboneira: “Será un encontro moi esixente, coa revelación do ano pasado, un conxunto que está axudando a que o fútbol sala feminino medre. Estrearémonos ante a nosa afección cun rival moi duro”.