¨ MELLOR SER LARANXA. NON VAIA SER O DEMO ¨
Pescados Rubén Burela FS abre a nova campaña de soci@s para 2021-22, na que unha tempada máis agardamos que a afección nos volva apoiar para seguir recollendo éxitos e traendo alegrías.
Pasado, presente e futuro. Para lograr obxectivos burelistas, é indispensable o apoio da Marea Laranxa, xa sexa por medio do seu alento no pavillón de Vista Alegre ou dando apoio desde a distancia, vendo as nosas retransmisións e seguíndonos nas redes sociais.
Opcións para os Socios 2021-2022 de Pescados Rubén Burela FS
Esta tempada existen tres modalidades de socio/a: Adulto, Infantil e Dixital. O socio dixital está enfocado a aquelas persoas que queren gozar do noso equipo sen asistir ao pavillón Vista Alegre. Ademais de gozar doutras vantaxes dixitais, poderás ver as nosas emisións en directo sen límite de calidade. Non hai ningún tipo de límite xeográfico, se che gusta o club e apoias calquera das súas iniciativas, podes facerte socio dixital xa sexas de Lugo, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona, Valencia… ou de calquera outro lugar.
As opcións Adulto e Infantil (menores de 14 anos) ofrécenche todas as vantaxes dixitais e, a maiores, un asento no pavillón. Neste caso deberás elixir a bancada na que che gustaría ter o teu asento:
- Fronte: A bancada onde está o palco, que percorre toda a banda da pista (Adulto 110 euros//Infantil 25)
- Lateral: A bancada que queda á altura da pista detrás da portería esquerda (Adulto 100 euros//Infantil 25)
- Alta: A bancada que se eleva sobre a pista detrás da portería dereita (Adulto 100 euros//Infantil 25)
Novidade. Alta Online
Poderás formalizar a túa alta como soci@ para 2021-22 ONLINE a través desta ligazón ou na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta).
Como se realizará a renovación/selección de asento?
Se queres conservar ou obter un asento fixo no pavillón para os partidos como local tes que contactar coa nosa oficina despois de realizar o pago da túa cota de socio. Poderás pagar a túa cota por medio da nosa tenda en liña ou acudindo ás oficinas do club, onde un empregado dará de alta o teu usuario. Para iso necesitará un mail por cada unha das persoas que queiran facerse socias.
Orde da reserva de asentos:
- Do 29/7 ao 6/8: Quen tivese un Abono Mixto durante a tempada 2020/21.
- Do 7/8 ao 13/8: Quen tivese un Abono Masculino ou Feminino durante a tempada 2020/21, por orde de antigüidade.
- A continuación, o resto de socios na seguinte orde: repescados con Abono Masculino ou Feminino en 2020/21, socios sen abono en 2020/21 e novas altas.
Contacta coa oficina do club durante as datas indicadas para realizar a reserva do teu asento. Se non queres ter un asento fixo no pavillón non é necesario que realicen este proceso.
Unha camiseta exclusiva para socios e socias
Ademais, este ano premiamos o teu apoio de máis formas. Só por unirte ao noso club, regalámosche unha camiseta conmemorativa exclusiva para socios e socias. Nos vindeiros días coñeceredes o seu deseño.