El UMA Antequera último rival del año para el Burela P.Rubén FS

El UMA Antequera último rival del año para el Burela P.Rubén FS

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Nacional

 

A Bomboneira cambiará o seu día habitual para acoller o último compromiso de Primeira Masculina do ano. Será mañá, venres, a partir das 18.30 horas, coa visita do novel Besoccer CD UMA Antequera na xornada 14. A cita, que contará coa presenza de público (Abonad@s Mixtos e Masculinos), tamén poderá seguirse en directo a través de Burela FS TV.

Os pupilos do Mariskal recibirán a escuadra andaluza na 6ª praza (16 puntos) despois de recuperar a senda triunfal a semana pasada en Tudela tras catro xornadas: “Foi un partido complicado, no que soubemos sufrir ao final para aferrarnos aos tres puntos. Foi unha vitoria moi importante; esperamos darlle continuidade esta semana na casa. Sería un gran revulsivo para afrontar ben os partidos de Copa e liga ante o Barcelona e rematar ben 2020”, reflexionaba Lucho, autor da segunda diana ante o Aspil Jumpers Ribera (1-2), confesando o bo momento do Pescados Rubén Burela FS: “Temos confianza, esperamos reforzala nesta recta final do ano, para estar nunha zona tranquila e mirar cara arriba para seguir dando pasos”.

Pola súa banda, Antequera chegará á Mariña na 15ª posición, aínda que tan só con 6 puntos por debaixo da arca burelista, con dous triunfos e catro empates. Coma os de Juanma Marrube, o equipo do exlaranxa Ramón Vargas saltará ao parqué de Vista Alegre moi motivado tras acadar a súa primeira vitoria como local, nun trepidante encontro ante o Real Betis Futsal (2-1). “Sabemos que será unha cita de esforzo máximo, complexa. Para nós é un rival directo. É un equipo moi vertical, que sae con moito perigo nas transicións, con xuventude e sen medo no xogo” advertía o peche, agradecendo a volta da Bancada Laranxa: “Sempre é un alento importante, sobre todo nos momentos difíciles”.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 18. Quelle, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Fuente: Prensa Burela P.Rúben