Primera Femenina RFEF – El Burela P.Rubén debuta como local ante el UA Alicante

Primera Femenina RFEF – El Burela P.Rubén debuta como local ante el UA Alicante

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Nacional

O debut ligueiro das Guerreiras na casa por fin chega coa xornada 4, tras o aprazamento da segunda con Intersala. UA Alicante será o rival para a cita de mañá (18.30 horas), recalando na Mariña con 6 puntos e os 3 partidos disputados fronte aos 4 das galegas en 2 citas.

“Xogar en Vista Alegre sempre é especial; xa puidemos gozalo este ano contra Viaxes Amarelle en Copa Galicia. Desgraciadamente esta fin de semana non poderemos estar arroupadas polo público debido á pandemia, pero sabemos que vai estar animándonos desde a casa, seguindo o partido a través da canle Twitch do club. Esperamos darlles unha alegría cos tres puntos”, explicaba unha das caras novas de 2020-21, Leti M. Cortés, tras as últimas restricións marcadas pola Covid-19, recoñecéndose moi cómoda de laranxa: “Estou  atopándome moi ben fisicamente, beneficioume a pretempada de dous meses. Aínda me queda para inserirme ao cento por cento no sistema do míster, pero aos poucos, con traballo, conseguireino para dar moitas alegrías a este club” confesaba a 21 burelista.

Ambas as escuadras buscarán recuperar a boa senda na Bomboneira, tras o empate das mariñás en Móstoles (3-3) e a derrota das alacantinas ante Torreblanca Melilla (4-5). Leti espera un enfrontamento digno dos grandes duelos: “ UA é un rival complicado, leva bastantes anos co mesmo bloque, enténdense á perfección. Co recente cambio no banco pode haber cambios, pero son moi fortes fisicamente, moi rápidas e moi competitivas. Sabemos que vai ser moi difícil, sen dúbida” advertía a ala-peche salmantina do equipo da ex das laranxas Ana Romero.

Volverán estar dispoñibles para esta cita Cristina e Jenny, que non puideron participar ante Móstoles por motivos familiares e por unha escordadura de nocello, respectivamente. Á baixa de Cely, súmase Cami, por unha contusión na coxa esquerda durante o encontro de Villafontana o sábado.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi Oliveira, 3. Dany, 4. Sandra Buzón, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Elena Aragón, 21. M. Cortés

Convocatoria UA Alicante: 1. Elena, 4. Anita, 6. Miriam, 7. Elenita, 8. Raquel, 9. Sara, 10. Pao, 11. Melli, 12. Ana Romero, 13. Lara, 14. Ángela, 18. Rocío

Fuente: Prensa Burela FS