Abierto el plazo de inscripción para el curso semipresencial – Nacional C de Fútbol Sala ( Monitor de Fútbol Sala )

Abierto el plazo de inscripción para el curso semipresencial – Nacional C de Fútbol Sala ( Monitor de Fútbol Sala )

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Otros

Novos cursos semipresenciais en marcha
A Escola Galega de Adestradores abre os segundos cursos semipresenciais
A Escola Galega de Adestradores xa ten aberta a inscrición para os segundos cursos semipresenciais UEFA C de fútbol e Nacional C de fútbol sala
A Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol continúa co seu compromiso de actualización e formación de técnicos de Fútbol e Fútbol Sala. Despois da excelente resposta dos alumnos e alumnas que levaron a cabo os cursos Licencia UEFA C de Fútbol e Nacional C de Fútbol Sala durante o confinamento, con máis de 500 inscritos e inscritas, a Escola repite experiencia.

Dende hoxe xa está aberto o prazo de inscrición para o II curso semipresencial Licencia UEFA C de Fútbol e para o II curso semipresencial Nacional C de Fútbol Sala.

O curso Licenza UEFA C de fútbol e Nacional C de Fútbol Sala son os primeiros da carreira dun adestrador no novo plan formativo da UEFA. Estes cursos serán semipresenciais a través dunha plataforma que permitirá aos alumnos adaptar os seus horarios a unha formación de alta calidade.

A Licencia UEFA C de Futbol e o Nacional C de Fútbol Sala son requisitos indispensables para poder acceder ao curso Licencia UEFA B de Fútbol e Nacional B de Fútbol Sala (antigos nivel 1), e habilitan para adestrar a equipos de fútbol base, excepto nas ligas donde se solicite o UEFA B.

As actividades formativas comezarán o 12 de outubro e rematarán o 15 de novembro.

A inscricións para estes cursos xa están abertas (rematan o día 9 de outubro) e debe facerse online a través da seguinte ligazón: CURSO NACIONAL C ONLINE

Podedes consultar toda a información dos dous cursos nas dúas convocatorias:

CONVOCATORIA CURSO UEFA C SEMIPRESENCIAL DE FÚTBOL

CONVOCATORIA CURSO NACIONAL C SEMIPRESENCIAL DE FÚTBOL SALA

Tras superar os contidos teóricos desenvolverase unha clase práctica previa ao exame práctico final. A mesma marcarase nas sedes máis próximas á procedencia dos alumnos/as. O pago da matrícula realizarase a través da Intranet do alumno/a.

Fuente: www.futgal.es