Puesta de largo del Santiago Futsal

Puesta de largo del Santiago Futsal

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Nacional

Presentación do Santiago Futsal en “A Nave de Vidán”

Este luns día 14 as 18:00 o Santiago Futsal tivo a súa primeira reunión da temporada en “A Nave de Vidán”. Nunha charla na que foron benvidos polo Presidente do clube D. Ramón García Seara e o adestrador David Rial e o seu corpo técnico, esta presentación foi o primeiro acto conxunto da plantilla 20-21.

O presidente do Santiago Futsal tomou a palabra para trasladarlle aos xogadores que: “esta temporada 2020-2021, que tanto se demorou, a afrontamos con forzas renovadas. Para iso contaremos de novo ca presenza de moitos de vós que nos acompañastedes ata este momento e que consideramos imprescindibles, esperando que sigades a crecer como persoas e xogadores no noso club.

No apartado de incorporacións, somos conscientes de que todos e cada un de vos aportará todo o posible para o noso equipo. Este ano facemos de novo unha gran aposta por xogadores galegos, algo que sempre nos representou e queremos que así siga sendo.

Para todos, os que estábades e os que chegaron, benvidos de novo á vosa casa. Estamos desexando ver ao noso equipo en Santa Isabel, e contamos con vós para defender estas cores seguindo as ordes do Corpo Técnico, no que seguimos depositando toda a confianza para lograr os obxectivos desta temporada.”

No mesmo día no que lanzou a campaña de abonados “ Sen ti, non ten sentido” e completou os 100 abonados en menos de catro horas, o Santiago Futsal tamén fixo oficial a fichaxe de David Quintás, pivot que volve ao clube compostelán despois de militar nas categorías inferiores.

A plantilla ten prevista realizar as probas do COVID-19 mañán martes a primeira hora e realizar o primeiro adestramento na tarde en Santa Isabel.

Fuente: Prensa Santiago Futsal