Burela Pescados Rubén entre los premiados ¨Serenidade de Radio Cadena Ser Galicia ¨

Burela Pescados Rubén entre los premiados ¨Serenidade de Radio Cadena Ser Galicia ¨

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Nacional

O Pescados Rubén Burela FS entre os premiados desta edición 2023 dos PREMIOS SERENIDADE de Radio Cadena Ser Galicia.

A Gala de Entrega dos Premios celebrouse a noite deste mércores 15 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Acudiron Manuel Blanco, presidente do club, e Jozi de Oliveira, capitá e porteira do equipo feminino.

Venres 17 de febreiro. Este mércores ás 21.00 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia tivo lugar a Gala de Entrega dos PREMIOS SERENIDADE 2023 de Radio Cadena Ser Galicia que nesta edición decidíu entregar un dos galardóns ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS por, segundo o seu veredicto, «ser un referente no fútbol sala feminino ao ser nomeado mellor club de fútbol sala feminino do mundo durante dous anos, ser pentacampioas da Supercopa de España e Campioas da Futsal Women’s European Champions. Xogadoras que co seu bo facer teñen situado a Burela, na Mariña de Lugo, coma unha das capitais do fútbol sala feminino a nivel mundial.

Asistiron á gala, en representación do equipo, e recolleron o galardón o presidente do club Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco Fanego e a capitá e porteira do equipo feminino do club Joziane de Oliveira, quen ademáis pronunciou un emotivo discurso agradecendo a Radio Cadena Ser Galicia o premio, así como ao club, Pescados Rubén Burela FS, ao seu patrocinador principal, Pescados Rubén e á afección por apoialas para conseguir todos estes logros.

Imaxes do acto adxuntas.

Enlace descarga imaxes acto (opción 2): https://we.tl/t-Owl5hoHxW8